

IVÁN MELON LEWUS & THE CUBAN SWING EXPRESS – NARÓN
O pianista, compositor e produtor musical Iván “Melon” Lewis está considerado como un dos mellores músicos da súa xeneración. Actuou en importantes festivais de jazz ao redor do mundo, compartindo escenario con lendas como Bebo e Chucho Valdés, Mulgrew Miller, Bill Mobley, John Hicks, Gonzalo Rubalcaba e Wynton Marsalis, entre outros.
Ariel Brínguez, saxofonista, destacou no panorama internacional colaborando con algúns dos músicos máis excelsos músicos do jazz e a música latina. Entre eles, Chucho Valdés e David Murray, cos que xirou por todo o mundo; Larry Willis, Orlando Valle, Paquito D’Rivera, Omara Portuondo e Marcus Miller.
O seu proxecto “Alma en Cuba” é delicadeza, amor e nostalxia, unha celebración da esencia da música de concerto e o jazz. Unha fusión de elementos contemporáneos coa herdanza musical de extremo lirismo da Illa de Cuba, elegancia e modernidade. Alma en Cuba é un encontro do onte, o hoxe e o mañá onde teñen cabida desde o danzón e a contradanza ao son montuno, o jazz e a música clásica europea.

